SILVIA PENAS, representante de slam.arousa no III Poetry Slam Nacional (Madrid)

Silvia Penas (Vigo, 1980) Exerce como profesora de lingua e literatura galega, Os seus textos foron galardoados en diferentes certames de poesía e narrativa. En 2009 publica Biografía da multitude en coautoría con Elvira Riveiro Tobío, poemario que acadou o premio de poesía Victorano Taibo. En 2013 publica As uñas crecen, premio de poesía Manuel Lueiro Rey. É membro do colectivo Redes Escarlata. Participa en numerosos recitais desde 2002.

Pois será ela quen represente, como gañadora, a slam.arousa na final nacional, en madrid, o 22 de xuño, nunha xornada chea de Rapsodas de toda España:



SIGNOS DE ENAMORACIÓN (Ramona Fernández Figueira)

Non quero atarme a GUION previo nin posterior
E decido decircho sen APOSTROFOS
Pero…, ai!, os PUNTOS sobre as ÍES
Caen en trayectoria de INTERROGACION
E alinéanse á modo de PUNTOS SUSPENSIVOS
Colgándose no PARÉNTESIS do teu sorriso
Busco a CHAVE que me abra a inspiración
E desabroche o CORCHETE do valor
Mírote, e por fín a atopo nos ASTERISCOS de mel
Das meniñas dos teus ollos.
Dígocho COMA se fose urxente. DOUS PUNTOS:
ÁMOTE!!. Destílome en EXCLAMACIÓN
Oxalá non te rías de min, meu ben!
E me digas eu TAMÉN, sin COMILLAS
Mais se non é así, Amor
Non queiras porlle ti o PUNTO FINAL
Se ti non me amas, permite que sexa eu

Quen lle poña o PUNTO E…APARTO.



RAMONA FERNÁNDEZ FIGUEIRA
Actriz no Cadro Artístico Airiños

A COLADA (Ramona Fernández Fiquiera)


Fágote a colada, por ti colada
Antes de nada, primeiro de todo
Arrebol-arrebolémonos ó clareo na herba
Tócote, que te toca rega de aloumiños a eito
Xa dentro da dixital washing-machine,
Poño en “ON” o programa EDREDÓN
Selecciono ciclo manual para prendas delicadas.
E premo o botón da ideal temperatura corporal
Acéndese o testigo encarnado
Reláxate amor, comenza o lavado:
REMÓLLOTE en beixos amolecentes,
ENXABONOTE con lingua de LAGARTO lambón,
ACLÁROTE tódalas dúbidas sobre os curruchos do desexo
Ou sexa, do sexo.
SUAVÍZOTE en litros de caricias MIMOSIN
Con recendo a polvos de talco
E sabooor! a batido de merengue tropical:
“Menéalo, un poquito; menealo, suavesito”…(Ou algo así)
CENTRIFÚGOTE, tórzote e retórzote! esa tua  fogaxe de sete estalos
A 1.000 Revolucións de Afagos por Minuto.
Por fín, ó fín, acadas da miña man, Super-Man!,
A plenitude que resulta de vaciar o tambor.
Só queda irnos ó tendal e colgarnos nos cordeis do sol.
Queres repetir?
Vale, pero agora fasme ti a min, a colada!.

RAMONA FERNANDEZ FIGUEIRA
Actriz do Cadro Artístico Airiños.

slam.arousa

slam.arousa é unha iniciativa que pretende fomentar a creación e o recitado de poesía na ría de arousa, a traverso do formato slam (xogo entre poetas que recitan versos propios durante menos de 3 minutos; estes son puntuados polo público que decide finalmente quen é o mellor recidador da noite). slam.arousa non fomenta a rivalidade senón o compañeirismo entre poetas e creadores e funciona de feito como un lugar de xuntanza de xentes con inquedanzas semellantes. o noso lema: NON FIQUES NA CASA. RECITA. VEN BERRAR CON NOS.
neste blog podedes ver a poesía de algúns dos finalistas que recitaron connosco en boiro, ribeira, rianxo, cambados ou vilagarcía de arousa. e se queredes escoitar os seus versos en vivo e en directo: o 30 de marzo, vinde ao con do moucho. NON FIQUEDES NA CASA.

A COR PÚRPURA (Ramón Blanco)


Madriña
Padriño



coma o encaixe que os vidros tecen de sol
nas paredes equinoccio do recordo é o acelerado
latexo do corazón nesta tarde de outono

aceiro e madeira
compoñen a maquinaria como instrumentos
para a tortura
mans que envelleceron
mentres a araña prepara secretamente a mortalla
para a mosca
unha luz alumbra pálida a trincheira
entre barrís e cubas
onde xira a roda e o seu idioma tolo
esmaga o froito
con ira
pensa que o que esmagan poderían ser os nosos pensamentos
alentar con esforzo cegos pola suor

en tinta púrpura
da prensa escorre o poema da vida
colleitado durante un traballo de campo
pasado a limpo
en tinta púrpura
tamén nos vidros
o líquido indescifrábel da estirpe


Ramón Blanco (Outes - A Coruña, 1979) é membro do colectivo literario Sacou. Moitos dos seus primeiros textos apareceron na revista A Caramuxa, que era o voceiro deste grupo fundado na vila de Noia a finais dos noventa. A publicación escolar Casa da Gramática segue a editarlle versos. No 2005 xuntou unha escolma poética no libro Orfeu en soños. Vén de publicar un novo poemario: Emily on the road. Escribe mensualmente en Artes & Letras Galicia, suplemento cultural do diario ABC, e mantén o blogue www.aoutrabanda.blogspot.com.

Recordos sensibles e intelixibles (Pedro Campos)


Todo canto teño son recordos…
…Recordos de quen son…
…Recordos de quen es…
…Recordos malos e bonitos…
…Recordos que se deterioran…
…Recordos que non se borran…
…Recordos desordenados…
…Recordos esquecidos…
…Unha infinidade de recordos.


Recordos inalterables coma o momento no que te coñecín;

(…)

O teu alento fedía aos 7 litros de cervexa consumidos esa noite.
Pero sempre me gustaron os coches e a gasolina.


“Xa sei que eu son un can e ti unha cadela en celo”
díxolle Romeo a Xulieta nun dos borradores do teatro de Shakespeare





PERO…
(ti tamén sabes isto…)

Xa ninguén se namora
nestes tempos absurdos.
Regáloche unha rosa
en forma de poema;
inversamente,
para que penses e non rías.
Vai en busca do abstracto,
o amor é un sentimento.

Xa ninguén se namora
nestes tempos defuntos;
flores para os recordos
luctuosamente colócanse.


Pedro Campos, a pesar da súa curta idade, xa tivo tempo de gañar nos anos 2011 e 1012 o certame literario da súa vila, o Ramón Martínez López, e quedou tamén en segunda posición no certame Xela Arias (A Guarda). Polo de agora, publicou o poemario Hipóteses, teoremas, drogas, estados de ánimo e outros remedios naturais para combater a tose" polo IES Praia Barraña, e en La Voz de Galicia o relato "Cando les un destes libros" (http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/12/16/0003_201112B16C9993.htm), co que fixo tamén a curta (http://vimeo.com/43137946). Por outra banda, compaxina a súa creación literaria coa musical, sendo guitarrista do grupo do barbanza "The Feeling Band". 

NO RETORNO DO BOI MANSO (Ramón Blanco)


“Teu país de bois na aurora plantados,
levou-o o tempo na usura do ocaso.”
NAURO MACHADO



1

O libro novo, a cama
E todo tan íntimo como a roupa
Dos náufragos
Ou a lunática despedida no mar de Vigo,
E, ai Deus, se verrá cedo!
Tanto asfalto na noite, ensumido, no retorno.



2

E se retorno que sexa nas ondas
E non nas fogueiras,
No manso mar que bañas,
Manso boi,
Boi de palla.



3

Aínda que non o saibades
Invoco cada noite os bois
De Chus Pato,
Cando só nos queda o poder
Mira-la sombra do desexo
Máis alá da porta.




Ramón Blanco (Outes - A Coruña, 1979) é membro do colectivo literario Sacou. Moitos dos seus primeiros textos apareceron na revista A Caramuxa, que era o voceiro deste grupo fundado na vila de Noia a finais dos noventa. A publicación escolar Casa da Gramática segue a editarlle versos. No 2005 xuntou unha escolma poética no libro Orfeu en soños. Vén de publicar un novo poemario: Emily on the road. Escribe mensualmente en Artes & Letras Galicia, suplemento cultural do diario ABC, e mantén o blogue www.aoutrabanda.blogspot.com.